miércoles, 26 de febrero de 2020

O UNIVERSO

En anteriores entradas explicamos a relación entre o Möbius e o LOONAVERSE. A realidade é que o universo ou dimensión na que LOONA habita funciona como esta figura.

Para entender mellor o concepto explicareino cun exemplo: se nós debuxamos un Möbius, distinguimos tres lados: un na parte de atrás, un na parte de diante, e outro que situaríamos no xiro da cinta. Temos que ter en conta que se o debuxamos nunha folla de papel, esta ten dúas caras, igual que o LOONAVERSE. O noso universo presenta un lado escuro e un lado luminoso e, como ben sabemos, neste mundo todo está ao revés. A escuridade reflicte á luz.

Toda esta información serve para comprender un pouco mellor as relacións entre as diferentes dimensións do LOONAVERSE e a orixinalidade deste proxecto. Tamén fan falta certos coñecementos de física cuántica, a teoría de cordas, etc... que engadiremos en posteriores entradas.

O máis importante é distinguir as tres dimensións que comprenden o LOONAVERSE e que están representadas pola cinta de Möbius. Ademais, hai que ter en conta o coñecemento dos outros mundos sobre eles mesmos.

https://vignette.wikia.nocookie.net/loonatheworld/images/d/df/Screenshots_of_Earth.png/revision/latest/scale-to-width-down/350?cb=20191008014935
Comezaremos polo primeiro: A Terra. Orbit sitúa este mundo na parte de diante, ou parte superior do Möbius, a denominada "cara luminosa". Este garda unha gran similitude coa nosa realidade, mais contando cos elementos fantásticos do LOONAVERSE, como é a existencia de androides (ViVi). Como xa dixemos, aquí encóntranse ViVi, Heejin, Hyunjin, Haseul e Yeojin. Como vemos, existen os edificos, as escolas, as cidades, vehículos...




https://vignette.wikia.nocookie.net/loonatheworld/images/4/4d/Screenshots_of_Cosmos.png/revision/latest/scale-to-width-down/350?cb=20191008014851
O segundo universo sitúase no medio, no xiro da figura. Aquí as cousas comezan a variar moito máis. Esta dimensión está habitada por OEC e actúa como un mundo intermedio entre a luz e a escuridade. Denomínase Cosmos ou Mundo Intermedio e presenta elementos e apariencias confusas e cambiantes. Nuns momentos semella recordar á Terra, mais noutros transfórmase nunha dimensión misteriosa e máxica.



 

https://vignette.wikia.nocookie.net/loonatheworld/images/0/07/Screenshots_of_Eden.png/revision/latest/scale-to-width-down/350?cb=20191008014732

Finalmente, o terceiro universo: O Edén. Consiste nese lado escuro do que falaramos antes. Un reflexo da Terra pero cun xiro sinistro. Mentres no primeiro tíñamos cidades cheas de edificos e vida, neste encontrámonos con fáctorías, estruturas industriais escuras e densos bosques. Presenta unha atmosfera moito máis baleira e solitaria. Nela habitan Yves, Chuu, Go Won e Olivia.




Unha vez explicadas as tres dimensións, nas seguintes entradas centrarémonos en comprender as teorias detrás de todo isto.

No hay comentarios:

Publicar un comentario