domingo, 22 de diciembre de 2019

MÁIS MEMBROS

Pasaremos á presentación das membros de ODD EYE CIRCLE.

KIM LIP



Kim Jung-eun, tamén coñecida como Kim Lip, foi a sexta membro debutada no grupo e a primeira integrante de OEC. Naceu o 10 de febreiro de 1999 (20 anos actualmente). O seu solo saíu á venta o 23 de maio de 2017 coa canción Eclipse.

Kim Lip é unha das all-rounded dentro do grupo, contando cunha voz cun tono moi especial e unhas habilidades no baile que fixeron que durante moito tempo o fandom dubidase de se ela sería a bailarina principal. O seu estilo é moi "girl crush", sendo ese o seu distintivo en LOONA, porén, ten unha personalidade moi adorable, maternal e amigable.

O seu animal é o buho, a súa cor é o vermello (coma o seu OEC) e o seu poder especial é viaxar no tempo.




Nesta imaxe pertencente a Eclipse obsérvase o ollo dun buho, o seu animal representativo.




Estas dúas imaxes están sacadas do MV de Girl Front. Nelas Kim Lip obsérvase a si mesma, creando un bucle temporal.

JINSOUL





Jung Jinsol, cuxo nome en escena é Jinsoul, naceu o 13 de xuño do 1997 (22 anos) e debutou como a sétima membro no 26 de xuño de 2017 con Singing in the Rain e o seu mini álbum.

Jinsoul é a rapera principal, mais tamén ten unha moi boa técnica tanto en canto como en baile. Un dos seus aspectos máis destacados é que o seu solo é un dos máis fermosos estéticamente e tamén un dos máis famosos. Esta membro é, como as demais, amable e linda cos seus fans. Ten moita confianza, mais tamén tende a preocuparse moito polo grupo.

A súa cor é o azul, o seu animal é o peixe betta e o seu poder é a teletransportación.


En Singing in the Rain Jinsoul suxeita durante todo o vídeo unha bolsa cun peixe, o peixe betta.



De novo, en Girl Front, cada vez que Jinsoul pecha os ollos e dáse a volta aparece nun lugar diferente. 

CHOERRY 



 
Choi Yerim, tamén coñecida como Choerry, foi a oitava membro en debutar con Love Cherry Motion o 28 de xulio de 2017. Actualmente conta con 18 anos debido a que naceu o 4 de xuño de 2001.

Choerry está considerada parte da "dance line" xunto con Kim Lip, Olivia e Yves xustamente polas súas fermosas habilidades no baile. Porén, este non é o seu único talento, esta moza ten unha perfecta voz tanto para o canto como para o rap. Ademais, Choerry ten unha adorable personalidade, coma se fose un raio de sol, sempre está sorrindo e rindo.

Dentro de LOONAVERSE é unha das máis misteriosas e relevantes. Curiosamente, a súa cor, o violeta, adoita aparecer relacionado co misterio. Por outra parte, o seu animal é o morcego da froita e o seu poder consiste en viaxar a través de distintas dimensións. Ademais, Choerry é a única desta subunidade co OEC no ollo dereito e a única cunha froita. Obviamente esta será a cereixa.


No seu solo aprécianse as ás dun morcego estirándose cunha lúa violeta de fondo.
 


Neste mesmo vídeo pode verse a Choerry sostendo unha cereixa. Esta será unha peza moi importante nos seus poderes e no LOONAVERSE.


Ata aquí a segunda das subunidades, cada vez estamos máis preto de coñecer os segredos do LOONAVERSE.

domingo, 8 de diciembre de 2019

LOONA E O FEMINISMO


Esta entrada está feita en colaboración co blog "As mulleres na ciencia" de Lucía Rodríguez, compañeira desta asignatura. O seu blog trata sobre grandes científicas que pola súa condición de muller non foron nen son tan recoñecidas coma outros homes, porén,o seu papel no desenvolvemento segue sendo real e debe ser apreciado.

Polo tanto, para cambiar un pouco a dinámica deste blog, nesta ocasión tratarei un dos temas máis atractivos de LOONA: o seu compromiso co feminismo.

LOONA, como xa expliquei en numerosas ocasións, é un grupo bastante rompedor en cuestión de conceptos. Aínda que as súas cancións poidan tratar sobre romance, os seus MV móstrannos un mundo moito máis amplo, cheo de diversidade.

Este mundo ademais xira unicamente en torno á figura feminina. Na maioría de vídeos non existe presencia masculina. As contadas ocasións nas que aparece un home en escena simplemente actúan como símbolo. Por exemplo, en New, solo de Yves do que falaremos despois, os homes que aparecen con ela son unha representación da súa liberdade e rebeldía contra os estereotipos que se impoñen sobre as mulleres; como o de que se unha muller é amiga de moitos mozos, eso implica que é máis "fácil".

De feito a propia letra deste solo canta á rebeldía, ao descubrimento do "verdadeiro eu". Reflexa un sentimento de ambición, un desexo de crecer aínda que isto implique desobedecer certas normas (ir en contra da sociedade). Dentro do seu universo, o propio nome de Yves, leído como "Eve", significa "Eva", facendo referencia ao relato bíblico de Adán y Eva. Así, Yves encarna a unha muller que aspira a superar a Deus.


"Disposta a alcanzar o Sol, axitando as miñas ás quemadas". Neste fragmento da canción móstrase ese espírito loitador na procura da gloria e a felicidade.

Outro bo exemplo dunha canción cun significado fermoso que todos deberíamos aplicar ás nosas vidas é a de Go Won.

One&Only ensina como ao final do día a única persoa que está connosco somos nós mesmos. Nesta canción exponse o amor pero desde un punto de vista diferente: o amor propio. Este tema será tratado tamén na canción de Olivia Hye: Egoist.


 "Amareime a min mesma"


"Entón, son a protagonista"

Ambos os dous singles son exemplos a seguir para todos. Durante moitos anos o amor propio foi algo moi complicado de adquirir para as mulleres, xa que estamos moito máis expostas á sexualización e presionadas a encaixar con certos estándares de beleza.

Despois, ademais de mostrar apoio á muller, LOONA tampouco se olvida do colectivo LGTBIQ+. Colectivo, no que moitas veces as rapazas tamén pasan desapercibidas en canto a referentes.

Como xa dixen, no LOONAVERSE, só existen as mulleres, desta maneira as relacións xa sexan amistosas ou románticas suceden entre elas.

O máis emblemático dos MV é o solo de Chuu: Heart Attack, no que esta linda rapaza dedícase a intentar conseguir a atención de Yves.

Moitos fans interpretaron isto como unha relación romántica. De feito, nunha das entrevistas máis coñecidas de LOONA, Yves explicou como á relación destas dúas rapazas no LOONAVERSE non tiña o obxectivo de ser romántica nun inicio, porén engadiu que todo no seu universo era libre de interpretación e que se sentían agradecidas desta concretamente. Ademais tamén son conscientes de que a maioría do seu fandom pertence a este colectivo e tamén senten orgullo ante isto.

O que máis sorprendeu foi a elección das súas palabras e a súa sinceridade, estas son razóns polas cales a súa fama crece cada día máis.

Para finalizar, débese facer referenza a Butterfly. Nesta canción LOONA demostra o seu compromiso, a súa mensaxe. Nel participan fermosas mulleres de todas as razas, etnias, culturas e condicións. Móstrannos así un abanico cheo de diversidade coa intención de reflexar a realidade do mundo, sen pararse a pensar no socialmente correcto para o seu país ou outros.




Yves: "Queremos ir máis alá de xénero, raza e nacionalidade"

domingo, 1 de diciembre de 2019

ODD EYE CIRCLE


ODD EYE CIRCLE foi a segunda subunidade anunciada tras os debuts individuales de Kim Lip, Jinsoul e Choerry. Isto ocorreu o 21 de Setembro de 2017 co seu mini album "Mix & Match".

Máis tarde, no 31 de outubro de 2017 publicarían o seu repackage chamado "Max & Match".




Neste caso atopámonos ante un concepto máis "girl crush" ou "teen crush", é dicir, un concepto que busca atraer máis ao público feminino creando un sentimento de admiración, mostrando unha actitude máis forte e un aspecto máis independente. 

Polo tanto, mentes que na anterior subunidade mostrábase un romance máis inocente e pasivo, con OEC encontrámonos todo o contrario. Aquí, estas rapazas, explícannos como non se debe esperar pasivamente ao namoramente, senón que hay que actuar para que ocorra.

As dúas canciones principales das que falaremos son Girl Front e Sweet Crazy Love.

Na primeira, que se corresponde co seu debut, aparece un concepto "teen crush", que é máis suave que o "girl crush"; máis xuvenil, con escenarios, cores vivas ademais dunha melodía alegre. Nesta canción aparece a temática explicada anteriormente, apreciada en líneas tales como:


 "Pedireiche salir primeiro".

En Girl Front cóntanse moitos segredos do LOONAVERSE, entre eles o comezo da procura das membros co encontro destas tres rapazas. Tamén fan acto de presencia os poderes de OEC, dos que falaremos máis tarde.

Seguindo con Sweet Crazy Love, esta vez si pode considerarse un concepto "girl crush" grazas á súa ambientación escura en branco e negro e ao seu ritmo ao estilo R&B acompañado dunha coreografía máis madura. O conxunto destes elementos conforman unha atmósfera máis seductora e seria que á anterior.

Concepto que vén como anel ao dedo á historia contada aquí. SCL é unha precuela ao seu encontro. Isto o sabemos grazas a descripción que encontramos en YouTube.


"Sweet Crazy Love é unha precuela ao nacemento de ODD EYE OIRCLE, representando a identidade de ODD EYE CIRCLE."

O resto da súa discografía trata temas similares, como a seducción, o xogo do amor e a intimidade cos namorados.

Agora pasaremos a explicar as súas características especiais. Por exemplo, o seu nome tamén vai ter un significado oculto. O "ODD" do seu nome trátase dun debuxo das tres lúas superpostas, xa que esta subunidade vai a ter unha forte unión con este satélite.


De novo, en Love Cherry Motion atopamos esta referencia á subunidade. Esas tres lúas que Choerry observa son unha representación dela mesma e as súas compañeiras, todo tamén relacionado coas súas cores.

Porén, se LOONA 1/3 tiña lugares representativos, OEC tamén terá ese "algo" especial que as diferencie. Neste caso estamos falando de poderes especiais. Poderes que lles permitirán viaxar por distintas dimensións co fin de producir ese encontro coas demais que tanto parecen precisar.

Como sabemos destes poderes? 

Pois a razón atópase nos seus ollos. Cada membro ten un ollo cun pequeno círculo da súa cor representativa (ODD EYE CIRCLE), trátase da marca que nos indica a presenza destes dones.


Esta é a razón pola cal OEC é unha subunidade moi importante no LOONAVERSE. Os seus MV son dos máis explicativos e ademais estas tres rapazas son pezas imprescindibles en todo este xogo.Con esta subunidade é cando empezan as verdadeiras teorías, aínda que haberá que agardar un pouco máis.