domingo, 1 de marzo de 2020

AS BRANAS

Nestes espazos descritos non encontramos unicamente cordas, senón tamén as branas. Básicamente, os físicos entenderon que as cordas abertas necesitaban rematar nalgunha parte, tiñan que estar ancoradas a un obxecto que ademais enchese todo o espazo; as branas. Existirían tamén branas de distintas dimensións que ademais se estirasen polas dimensións extra.

Ademais, estas branas poderían intersecar con outras branas, o que dotaría de maior liberdade ás cordas unidas a elas, agora poderían ter cada extremo amarrado a unha brana diferente, o que confiere a esa corda novas propiedades. Por exemplo, unha brana pode dotar de carga eléctrica a unha corda, mentres que a outra brana dote de carga de cor, así, a corda comportaríase como un quark.

Segundo isto, os electróns, os neutrinos, os quarks... todas as partículas do noso universo poderían ser cordas, cada unha ancorada con distintas branas, tendo así as súas distintas propiedades. Agora, tanto a estructura das branas como a forma en que o espazo nestas dimensións extra está compactificado, afectará a como vibren as cordas, influirá no número de partículas que haxa, as súas masas o a forza da súa interacción.

A compactificación axuda a determinar cales son as leis do noso universo e aquí e onde os físicos seguen traballando, porque non hai unha única maneira de compactificar todas esas dimensións extra, senón que hai múltiples formas diferentes, igual de válidas, cada unha xerando as súas propias leis.

Este conxunto de diferentes posibilidades recibe o nome de Landscape. Algúns apuntan a isto dende unha perspectiva negativa: a teoría debería indicar cal é a nosa compactificación e cales son as leis do noso universo, non aportar unha enorme cantidad de opcións. Porén, outros pensan que existe algo fundamental neste feito:

Igual que a astrofísica nos indica que existen varias maneiras de crear un sistema planetario e que de feito, existen no cosmos; é posible que a teoría de cordas estea a dicir que existen diferentes formas de fabricar un universo e que o noso é un con unha compactificación determinada entre outros moitos universos diferentes, convivindo nun Multiverso.


A TEORÍA DE CORDAS

Nesta entrada falarei sobre unha das teorías nas que se apoia o LOONAVERSE e o seu concepto de universo dividido en varias dimensións: A teoría de cordas.

Esta teoría nace cando os físicos tiñan un problema coa gravidade. Mentres o resto de interaccións seguían as leis cuánticas, a gravidade non se comportaba da mesma maneira. Por isto, os físicos comezaron a pensar en formas para unir as frozas máis fundamentais baixo as mismas normas. Entre as diferentes propostas, destaca a idea de que as partículas máis elementais do universo non eran obxectos puntuais senón obxectos entensos, coma cordas. Así nace a teoría de cordas, todavía non demostrada.

Que é unha corda?
A corda e un filamento moi pequeno que dependendo de canto vibre xera cada unha das partículas elementais coñecidas. Isto tamén explica como as partículas interaccionan entre si. As particulas do modelo estándar, as que coñecemos, como o fotón ou o gluón, estarían representadas por cordas abertas. Por outra parte, o gravitón, a particula mediadora da gravidade, estaría representada por unha corda pechada.






Dúas cordas abertas poden combinarse e dar lugar a unha única corda aberta, ou partirse e formar dúas, así se explicarían as interaccións entre as partículas. Tamén pode ocorrer que unha corda aberta se convirta nunha pechada ao dobrarse. Desta última forma sería como a materia emite gravitones e como crea campos gravitatorios.









Porén, a parte máis interesante de toda esta teoría e a máis relacionada co LOONAVERSE é a existencia de dimensións extra.

Se poñemos as tres cordas que representan as tres dimensións do espazo, destas vibracións xurdirán as distintas partículas e como estas interactúan coa gravidade. Se ocorre desta forma, o resultado segue sendo o mesmo, a gravidade non se comporta ben seguindo as leis cuánticas co resto.

Porén, se cambiamos a forma na que as cordas vibran aumentando o número de dimensións do espazo ata 9, conseguimos que o resultado sexa favorable. Mais, ata onde nós coñecemos, o noso universo ten tres dimensións, onde están as demais?

A idea da compactificación explícanos esta cuestión. Para entendela, utilizarei o exemplo empregado polo físico Brian Greene na súa TED Talk en 2005. Imaxinemos un cable. Se nós miramos ese cable dende unha ventá, veremos unha liña unidimensional, mais se o estudamos dende máis cerca veremos que é un cilindro, que poderiamos movernos sobre a súa superficie, o que o fai tridimensional. Podería ser que o noso mundo funcionase igual, que ás nosas escalas pareza tridimensional pero que se fósemos a tamaños moito máis pequenos encontraríamos máis dimensións ocultas en espacios minúsculos, compactos de unha determinada forma (compatificación).