Hoxe, 5 de febreiro de 2020, ás dez da mañá publicouse o novo álbum de LOONA: "#", cun concepto máis forte e girls crush que nunca mostraran as nosas talentosas rapazas. De novo céntranse en temas tan importantes como a confianza, a liberdade e a ruptura dos estereotipos. Por desgraza neste comeback non contamos coa nosa querida líder Haseul, quen se atopa descansando, máis a súa presencia parece reflexarse ao final, coa aparición de dúas plumas brancas.
Grazas á súa interesante e pegadiza melodía, LOONA móstranos unha nova cara, unha nova imaxe máis segura que nunca con
So What, a súa canción principal.
O novo MV e os teasers seguro continuarán co noso viaxe polo LOONAVERSE e Orbit non pode esperar para coñecer máis acerca desta nova era.
No hay comentarios:
Publicar un comentario