A estructura deste mundo funciona coma unha banda ou cinta de Möbius.

En que consiste a cinta ou banda de Möbius?
Consiste nunha superficie dunha única cara e un só borde. Ten a característica matemática de ser non orientable e foi descuberta polos matemáticos August Ferdinand Möbius e Johann Benedict Listing en 1858.
En realidade, aínda que a primeira vista poida resultar unha figura moi complexa, é moi sinxela de crear. Simplemente necesítase unha tira de papel, dáselle media volta a un dos extremos e pégase co outro.
Agora falaremos dalgunhas das súas principales características:
- Ten unha única cara, se decidiramos colorear a "aparentemente" cara exterior acabariamos coloreando toda a figura, por ista razón non ten sentido falar dunha cara exterior ou interior. Outro exemplo atópase nesta representación, se esta persoa con cada paso fose deixando pegadas, toda a cinta estaría marcada cando rematase unha volta. Polo tanto é imposible determinar cal é a parte de arriba e cal é a parte de abaixo.
- É unha figura non orientable. Esto pode comprobarse da seguinte maneira, se unha persoa se deslizase pola cinta tumbara e mirando cara a dereita, ao completar unha volta e chegar ao punto de partida, atopariase mirando cara a esquerda.
- Relacionado co caso anterior, pódese determinar que ten un único borde, xa que se collemos o noso dedo e seguimos o borde "externo", ao chegar ao punto de partida atoparemonos no borde "interno".
- Outra característica é que se se efectúa un corte ao longo da cinta de Möbius obtemos dous resultados:
- Se o corte realízase na metade exacta do ancho da cinta obtense unha banda máis larga pero con dúas voltas.
- Se o corte non se realiza na mitad exacta da banda, obteñense dúas cintas entrelazadas, unha coa lonxitude da orixinal e outra co dobre da orixinal.
Outro exemplo de obra de arte sería, por suposto, o propio LOONAVERSE.
No hay comentarios:
Publicar un comentario