Yves, Chuu, Go Won e Olivia debutaron como subunidade o 30 de maio de 2018 co seu mini álbum "beauty&thebeat". Este, a diferencia do resto de agrupacións non tivo ningún repackage.
O seu concepto xeral, como vemos no MV da súa canción principal e apreciamos nas melodías do seu álbum, parecería similar ao de LOONA 1/3. Porén, neste caso estamos ante unha presentación moito máis adorable e etérea, sen caer na elegancia de, por exemplo, "Sonatine".
En "love4eva" nárrase outra forma de comprender e apreciar o sentimento do amor. Explícase como o verdadeiramente importante é vivir a experiencia e acoller esas fermosas sensacións en vez de preocuparse por ser correspondido. Ademais, os solos de Yves, Go won e Olivia cerran o círculo das diferentes etapas ou situacións amorosas. Mentres LOONA 1/3 e OEC mostraban o amor inocente e o amor pasional respectivamente. Estas tres rapazas e os seus singles cantan ao desamor e á consecuente evolución cara o amor propio, como expliquei na entrada acerca da relación de LOONA co feminismo. Declaran polo tanto a importancia de primeiro enamorarse de si mesmas para poder amar aos demais.

Esta fermosa obra da arquitectura representa o Edén, a dimensión na que habitan estas rapazas. Edén tamén é o nome do paraíso segundo a Biblia, paraíso no que habitaron Adán e Eva antes de cometer o pecado universal. Como veremos máis adiante, a historia destas rapazas no LOONAVERSE será similar ao relato bíblico. Ademais, cada unha delas presenta unha froita

Finalmente falarei dun dos seus aspectos máis chamativos, como é o seu nome. yyxy ten un dobre significado. Por unha parte son as siglas de "Youth Youth By Young", neste caso facendo referencia as experiencias da xuventude que completan o ego: namorarse, a dor do desencanto e a recuperación para seguir adiante. Por outra, o seu nome trátase dun novo cromosoma neantrópico. Un cromosoma é unha estructura altamente organizada formada por ADN e proteínas, que contén gran parte da información xenética dun ser vivo. Este é diferente a XX ou XY e trátase xustamente de yyxy.
No hay comentarios:
Publicar un comentario