domingo, 22 de diciembre de 2019

MÁIS MEMBROS

Pasaremos á presentación das membros de ODD EYE CIRCLE.

KIM LIP



Kim Jung-eun, tamén coñecida como Kim Lip, foi a sexta membro debutada no grupo e a primeira integrante de OEC. Naceu o 10 de febreiro de 1999 (20 anos actualmente). O seu solo saíu á venta o 23 de maio de 2017 coa canción Eclipse.

Kim Lip é unha das all-rounded dentro do grupo, contando cunha voz cun tono moi especial e unhas habilidades no baile que fixeron que durante moito tempo o fandom dubidase de se ela sería a bailarina principal. O seu estilo é moi "girl crush", sendo ese o seu distintivo en LOONA, porén, ten unha personalidade moi adorable, maternal e amigable.

O seu animal é o buho, a súa cor é o vermello (coma o seu OEC) e o seu poder especial é viaxar no tempo.




Nesta imaxe pertencente a Eclipse obsérvase o ollo dun buho, o seu animal representativo.




Estas dúas imaxes están sacadas do MV de Girl Front. Nelas Kim Lip obsérvase a si mesma, creando un bucle temporal.

JINSOUL





Jung Jinsol, cuxo nome en escena é Jinsoul, naceu o 13 de xuño do 1997 (22 anos) e debutou como a sétima membro no 26 de xuño de 2017 con Singing in the Rain e o seu mini álbum.

Jinsoul é a rapera principal, mais tamén ten unha moi boa técnica tanto en canto como en baile. Un dos seus aspectos máis destacados é que o seu solo é un dos máis fermosos estéticamente e tamén un dos máis famosos. Esta membro é, como as demais, amable e linda cos seus fans. Ten moita confianza, mais tamén tende a preocuparse moito polo grupo.

A súa cor é o azul, o seu animal é o peixe betta e o seu poder é a teletransportación.


En Singing in the Rain Jinsoul suxeita durante todo o vídeo unha bolsa cun peixe, o peixe betta.



De novo, en Girl Front, cada vez que Jinsoul pecha os ollos e dáse a volta aparece nun lugar diferente. 

CHOERRY 



 
Choi Yerim, tamén coñecida como Choerry, foi a oitava membro en debutar con Love Cherry Motion o 28 de xulio de 2017. Actualmente conta con 18 anos debido a que naceu o 4 de xuño de 2001.

Choerry está considerada parte da "dance line" xunto con Kim Lip, Olivia e Yves xustamente polas súas fermosas habilidades no baile. Porén, este non é o seu único talento, esta moza ten unha perfecta voz tanto para o canto como para o rap. Ademais, Choerry ten unha adorable personalidade, coma se fose un raio de sol, sempre está sorrindo e rindo.

Dentro de LOONAVERSE é unha das máis misteriosas e relevantes. Curiosamente, a súa cor, o violeta, adoita aparecer relacionado co misterio. Por outra parte, o seu animal é o morcego da froita e o seu poder consiste en viaxar a través de distintas dimensións. Ademais, Choerry é a única desta subunidade co OEC no ollo dereito e a única cunha froita. Obviamente esta será a cereixa.


No seu solo aprécianse as ás dun morcego estirándose cunha lúa violeta de fondo.
 


Neste mesmo vídeo pode verse a Choerry sostendo unha cereixa. Esta será unha peza moi importante nos seus poderes e no LOONAVERSE.


Ata aquí a segunda das subunidades, cada vez estamos máis preto de coñecer os segredos do LOONAVERSE.

No hay comentarios:

Publicar un comentario