Esta entrada está feita en colaboración co blog "As mulleres na ciencia" de Lucía Rodríguez, compañeira desta asignatura. O seu blog trata sobre grandes científicas que pola súa condición de muller non foron nen son tan recoñecidas coma outros homes, porén,o seu papel no desenvolvemento segue sendo real e debe ser apreciado.
Polo tanto, para cambiar un pouco a dinámica deste blog, nesta ocasión tratarei un dos temas máis atractivos de LOONA: o seu compromiso co feminismo.
LOONA, como xa expliquei en numerosas ocasións, é un grupo bastante rompedor en cuestión de conceptos. Aínda que as súas cancións poidan tratar sobre romance, os seus MV móstrannos un mundo moito máis amplo, cheo de diversidade.
Este mundo ademais xira unicamente en torno á figura feminina. Na maioría de vídeos non existe presencia masculina. As contadas ocasións nas que aparece un home en escena simplemente actúan como símbolo. Por exemplo, en New, solo de Yves do que falaremos despois, os homes que aparecen con ela son unha representación da súa liberdade e rebeldía contra os estereotipos que se impoñen sobre as mulleres; como o de que se unha muller é amiga de moitos mozos, eso implica que é máis "fácil".
De feito a propia letra deste solo canta á rebeldía, ao descubrimento do "verdadeiro eu". Reflexa un sentimento de ambición, un desexo de crecer aínda que isto implique desobedecer certas normas (ir en contra da sociedade). Dentro do seu universo, o propio nome de Yves, leído como "Eve", significa "Eva", facendo referencia ao relato bíblico de Adán y Eva. Así, Yves encarna a unha muller que aspira a superar a Deus.
"Disposta a alcanzar o Sol, axitando as miñas ás quemadas". Neste fragmento da canción móstrase ese espírito loitador na procura da gloria e a felicidade.
Outro bo exemplo dunha canción cun significado fermoso que todos deberíamos aplicar ás nosas vidas é a de Go Won.
One&Only ensina como ao final do día a única persoa que está connosco somos nós mesmos. Nesta canción exponse o amor pero desde un punto de vista diferente: o amor propio. Este tema será tratado tamén na canción de Olivia Hye: Egoist.
"Amareime a min mesma"
"Entón, son a protagonista"
Ambos os dous singles son exemplos a seguir para todos. Durante moitos anos o amor propio foi algo moi complicado de adquirir para as mulleres, xa que estamos moito máis expostas á sexualización e presionadas a encaixar con certos estándares de beleza.
Despois, ademais de mostrar apoio á muller, LOONA tampouco se olvida do colectivo LGTBIQ+. Colectivo, no que moitas veces as rapazas tamén pasan desapercibidas en canto a referentes.
Como xa dixen, no LOONAVERSE, só existen as mulleres, desta maneira as relacións xa sexan amistosas ou románticas suceden entre elas.
O máis emblemático dos MV é o solo de Chuu: Heart Attack, no que esta linda rapaza dedícase a intentar conseguir a atención de Yves.
Moitos fans interpretaron isto como unha relación romántica. De feito, nunha das entrevistas máis coñecidas de LOONA, Yves explicou como á relación destas dúas rapazas no LOONAVERSE non tiña o obxectivo de ser romántica nun inicio, porén engadiu que todo no seu universo era libre de interpretación e que se sentían agradecidas desta concretamente. Ademais tamén son conscientes de que a maioría do seu fandom pertence a este colectivo e tamén senten orgullo ante isto.
O que máis sorprendeu foi a elección das súas palabras e a súa sinceridade, estas son razóns polas cales a súa fama crece cada día máis.
Para finalizar, débese facer referenza a Butterfly. Nesta canción LOONA demostra o seu compromiso, a súa mensaxe. Nel participan fermosas mulleres de todas as razas, etnias, culturas e condicións. Móstrannos así un abanico cheo de diversidade coa intención de reflexar a realidade do mundo, sen pararse a pensar no socialmente correcto para o seu país ou outros.
Yves: "Queremos ir máis alá de xénero, raza e nacionalidade"
No hay comentarios:
Publicar un comentario