As subunidades son un elemento bastante común no mundo do KPOP. Trátanse de divisións dentro dun grupo. Estas están constituídas por un número variable de membros e teñen o seu debut oficial coma se fosen un grupo diferenciado.
Na maioría dos casos, as subunidades créanse, xunto coas carreiras solistas, despois do debut do grupo, tras uns anos na industria. Isto débese ao obxectivo das empresas de acadar o maior número de fans posibles antes de levar a cabo estas tarefas complementarias ás grupales.
Sen embargo, como xa se pode intuir, LOONA non vai seguir esta corrente, xa que neste grupo todo adoita ocorrer "ao revés".
En LOONA, o sistema de debut vai ser diferente; de tal maneira que as doce rapazas foron debutando primeiro en solitario, cada unha co seu propio single, facendo pausas cada certo número de membros revelados e creando entón unha subunidade. Unha vez debutadas as tres divisións oficiais (LOONA 1/3, ODD EYE CIRCLE e YYXY), fíxose un debut grupal co seu increíble album "++" onde participaron todas xuntas.
O aspecto máis máxico de LOONA radica nas diferencias entre subunidades. Non se tratan de simples divisións azarosas. Son moito máis que iso. Cada unha representa unha dimensión ou mundo situado nun lugar concreto dentro do seu universo, coas súas características e ambientacións propias. Deste aspecto farei máis incapé noutra entrada, co comezo das teorías.
Mais antes diso, é necesario coñecer as protagonistas da historia. Co fin de facer unha presentación o máis ordeada posible, xa que o orden vai ser un elemento crucial para non perderse no LOONAVERSE, comezarei explicando cada subunidade coas súas características e os seus respectivos membros.
LOONA 1/3 + Yeojin
ODD EYE CIRCLE
YYXY
No hay comentarios:
Publicar un comentario