Nestas imaxes sacadas
do MV "Love Cherry Motion", solo de Choerry ao que teremos que recurrir de novo
proximamente, pódese ver a Yeojin interactuar con Haseul e Heejin en numerosas
ocasións. Con isto pódese deducir que se atopa na súa dimensión.
O seu nome fai referencia ao número de integrantes, que
sería un terzo do total. Sen embargo, coma sempre, en LOONA nada é nunca tan
sinxelo. Os xiros e os reordenamentos son elementos moi comúns neste universo,
polo que todo ten sempre un doble sentido.
Desta maneira, se se coloca o número 1/3 ao revés obtense
3/1. Partindo desta interpretación, o tres simboliza ás tres primeiras membros
en ser reveladas (Heejin, Hyunjin e Haseul). O "/" representa a
Yeojin, quen actuaría como un oco ou vacío. Finalmente, o número un é ViVi,
quen foi a última en ser revelada para este subgrupo.
LOONA 1/3 caracterízase por ter un concepto suave e
feminino. A súa música encaixa dentro dun estilo alegre e xuvenil que se
aprecia perfectamente en todo o seu primeiro album: "Love&Live".
O tema principal deste é: o primeiro amor. Exponse de maneira positiva,
centrándose na inocencia e emoción que se vive durante a primeira experiencia
amorosa. Todo isto ambientado nun lugar realista e semellante á Terra,
concretamente este MV situase nun instituto.
A historia interna desta subunidade resúmese na amistade
destas cinco rapazas. Heejin e Hyunjin coñécense no instituto, xa que van á
mesma clase; Haseul é unha atenta e cariñosa amiga que actúa coma unha irmá con
Yeojin. A parte máis fantástica a encontramos en ViVi, quen xoga o papel dun
androide que ten problemas para expresarse. Curiosamente, todos estes feitos están inspirados en aspectos reales da vida destas rapazas. Por exemplo, ViVi, ao ser de Hong Kong, realmente tivo problemas para comunicarse nun inicio, ao igual que o seu alter ego no LOONAVERSE.
O seu segundo proxecto foi un repackage, é dicir, unha
reedición do seu álbum anterior que incluia novas canciones. O seu nome é "Love&Evil" e supuxo un cambio bastante notorio no concepto. A súa canción principal "Sonatine" permitiu ás rapazas mostrar un lado moito máis elegante e maduro. De feito, a canción ten un son semellante á musica clásica, e non só esta, a propia intro tamén.
Se nos fixamos nos títulos de ambos os dous álbumes, resultan ser moi semellantes. "Love&Live" contén palabras positivas e agradables (amor e vida) que coinciden co carácter das cancións. Por outra parte, se reorganizamos as letras da palabra "live" podemos obter "evil", que curiosamente coincide co título do repackage. "Evil" significa "mal", obviamente esta palabra ten un carácter negativo que tamén coincidirá coa temática do álbum, xa que ademais de cambiar o concepto, tamén cambia a perspectiva do tema do amor. En "Love&Evil" trátase a dor e desilusión do primeiro desamor, isto explica esa madurez nas rapazas debido a unha rotura da inocencia.

"Que podo facer con este sentimento?". Nesta frase da canción "Love&Live" apréciase esa inocencia e confusión.
"Cando estou durmindo soa e desperto de sócato sentíndome triste". Neste exemplo pódese ver a desilusión e melancolía.
No hay comentarios:
Publicar un comentario