miércoles, 30 de octubre de 2019

Welcome to the LOONAVERSE


Benvidos ao LOONAVERSE. Un lugar que non deixa de moverse, de xirar e de cambiar. Un mundo, un universo ficticio no que habitan doce preciosas, talentosas e misteriosas mulleres: LOONA.

 Resultado de imagen de loona
  • QUE É LOONA?
LOONA é un grupo idol (ídolo musical) surcoreano de KPOP (xénero musical Coreano) creado pola compañía BlockBerryCreative. Alí son coñecidas como 이달의 소녀 (idal-ui sonyeo), que significa "A rapaza do mes", nome que fai referenza ao seu sistema de debut. Cada membro foi revelándose en distintos meses dende o 26 de outubro de 2016 ata o seu debut grupal o 19 de agosto de 2018.

"LOONA" (LOOΠΔ) é o seu nome internacional, trátase dun orixinal xogo de letras formado por unha reorganización das primeiras sílabas de cada caracter ou letra do hangul:  ㅇㄷㅇㅅㄴ. Se as organizamos doutra maneira dan lugar a: ㄴㅇㅇㄷㅅ. De feito, este reordenamento pode apreciarse ao principio dos seus teasers e videoclips.

Resultado de imagen de gif loona logo 


Ademais, este nome pronunciase exactamente igual que "Luna", o famoso satélite da Terra. Este feito é moi utilizado nas súas teorías e na súa historia no LOONAVERSE, que están fortemente unidas a temas de caracter astronómico. Incluso o nome do fandom, é dicir, o grupo de fans, é Orbit; que significa "órbita". Este, ademais de estar relacionado con esta temática, ten outro significado aínda más especial e íntimo. Orbit é pronunciado en coreano como "O-bit", sendo que a "O" representa unha lúa chea e "bit" significa "luz". A interpretación en conxunto sería que os seus fans son a luz que ilumina o seu camiño.

O grupo está organizado en tres subunidades diferenciadas e que xogan o seu papel dentro do universo, estas son: LOONA 1/3 + Yeojin, ODD EYE CIRCLE e  yyxy. Cada unha ten unhas características e incluso poderes especiais.

Pero non só as subunidades teñen as súas extrañezas. Cada rapaza é única. Todas teñen a súa propia cor e animal representativo. Estes datos tamén son utilizados nos videos como unha simboloxía.

Todo isto será explicado máis adiante, xunto coa introducción das membros.

Como se pode ver, LOONA non é un grupo musical "normal". LOONA é un proxecto, unha historia, unha dimensión diferente.

Non son só doce rapazas que cantan e bailan ben. Non.

LOONA é arte.

"Queremos ir máis alá de xéneros, razas e nacionalidades". Estas palabras pertencentes a Yves, unha das membros, poderían ser un bo resumo do seu obxectivo.

É un grupo que quere marcar a diferencia promovendo a súa propia mensaxe, aínda que esto vaia en contra dos estándares coreanos e lles coste a súa fama no seu propio país.

LOONA demostra como a través dunha melodía pódese contar unha gran historia chea de xiros e complicacións, conseguindo unir a miles de persoas coa mesma finalidade: comprender os misterios do LOONAVERSE.

LOONA tamén demostra como a ciencia e a música poden combinarse e dar lugar a algo tan fermoso como interesante.

Así que, de novo, benvidos ao LOONAVERSE.



Resultado de imagen de gif loona logo

No hay comentarios:

Publicar un comentario