domingo, 1 de marzo de 2020

AS BRANAS

Nestes espazos descritos non encontramos unicamente cordas, senón tamén as branas. Básicamente, os físicos entenderon que as cordas abertas necesitaban rematar nalgunha parte, tiñan que estar ancoradas a un obxecto que ademais enchese todo o espazo; as branas. Existirían tamén branas de distintas dimensións que ademais se estirasen polas dimensións extra.

Ademais, estas branas poderían intersecar con outras branas, o que dotaría de maior liberdade ás cordas unidas a elas, agora poderían ter cada extremo amarrado a unha brana diferente, o que confiere a esa corda novas propiedades. Por exemplo, unha brana pode dotar de carga eléctrica a unha corda, mentres que a outra brana dote de carga de cor, así, a corda comportaríase como un quark.

Segundo isto, os electróns, os neutrinos, os quarks... todas as partículas do noso universo poderían ser cordas, cada unha ancorada con distintas branas, tendo así as súas distintas propiedades. Agora, tanto a estructura das branas como a forma en que o espazo nestas dimensións extra está compactificado, afectará a como vibren as cordas, influirá no número de partículas que haxa, as súas masas o a forza da súa interacción.

A compactificación axuda a determinar cales son as leis do noso universo e aquí e onde os físicos seguen traballando, porque non hai unha única maneira de compactificar todas esas dimensións extra, senón que hai múltiples formas diferentes, igual de válidas, cada unha xerando as súas propias leis.

Este conxunto de diferentes posibilidades recibe o nome de Landscape. Algúns apuntan a isto dende unha perspectiva negativa: a teoría debería indicar cal é a nosa compactificación e cales son as leis do noso universo, non aportar unha enorme cantidad de opcións. Porén, outros pensan que existe algo fundamental neste feito:

Igual que a astrofísica nos indica que existen varias maneiras de crear un sistema planetario e que de feito, existen no cosmos; é posible que a teoría de cordas estea a dicir que existen diferentes formas de fabricar un universo e que o noso é un con unha compactificación determinada entre outros moitos universos diferentes, convivindo nun Multiverso.


No hay comentarios:

Publicar un comentario