viernes, 24 de enero de 2020

O LOONAVERSE XIRA


Para comezar coas explicacións primeiro temos que recurrir a como funciona o LOONAVERSE. Na presentación xa falaramos acerca de como o LOONAVERSE xiraba e, efectivamente, así é.

A estructura deste mundo funciona coma unha banda ou cinta de Möbius.

En que consiste a cinta ou banda de Möbius?

Consiste nunha superficie dunha única cara e un só borde. Ten a característica matemática de ser non orientable e foi descuberta polos matemáticos August Ferdinand Möbius e Johann Benedict Listing en 1858. 

En realidade, aínda que a primeira vista poida resultar unha figura moi complexa, é moi sinxela de crear. Simplemente necesítase unha tira de papel, dáselle media volta a un dos extremos e pégase co outro. 

Agora falaremos dalgunhas das súas principales características:




  1.  Ten unha única cara, se decidiramos colorear a "aparentemente" cara exterior acabariamos coloreando toda a figura, por ista razón non ten sentido falar dunha cara exterior ou interior. Outro exemplo atópase nesta representación, se esta persoa con cada paso fose deixando pegadas, toda a cinta estaría marcada cando rematase unha volta. Polo tanto é imposible determinar cal é a parte de arriba e cal é a parte de abaixo.


  1. É unha figura non orientable. Esto pode comprobarse da seguinte maneira, se unha persoa se deslizase pola cinta tumbara e mirando cara a dereita, ao completar unha volta e chegar ao punto de partida, atopariase mirando cara a esquerda. 
  2. Relacionado co caso anterior, pódese determinar que ten un único borde, xa que se collemos o noso dedo e seguimos o borde "externo", ao chegar ao punto de partida atoparemonos no borde "interno".
  3. Outra característica é que se se efectúa un corte ao longo da cinta de Möbius obtemos dous resultados:
  • Se o corte realízase na metade exacta do ancho da cinta obtense unha banda máis larga pero con dúas voltas. 

No caso de realizar un segundo corte nesta cinta, obtereiamos dúas bandas entrelazadas. Se seguimos efectuando cortes conseguiremos máis cintas entrelazadas
  • Se o corte non se realiza na mitad exacta da banda, obteñense dúas cintas entrelazadas, unha coa lonxitude da orixinal e outra co dobre da orixinal.
Esta figura foi moi utilizada para crear obras de arte. Un exemplo foi o artista neerlandés M. C. Escher, quen realizou numerosas obras inspiradas nesta estructura.


Outro exemplo de obra de arte sería, por suposto, o propio LOONAVERSE.

domingo, 12 de enero de 2020

ÚLTIMAS MEMBROS

Por fin estamos ante a última entrada que tratará sobre os aspectos máis básicos de LOONA.

Neste caso, cada membro de yyxy ten unha froita representativa como peculiaridade.


 YVES


Ha Sooyoung, tamén coñecida como Yves (pronunciado como Eve, "Eva") naceu o 24 de maio de 1997 foi a novena membro en debutar coa súa canción "New" o 28 de novembro de 2017.

Yves representa a parte máis adulta da súa subunidade, aportando certa madurez grazas á súa voz. Porén o seu talento vai máis al, está considerada a bailarina principal no grupo polas súas incríbles habilidades. Os seus movementos, pulidos e cortantes á vez que suaves e gráciles, quedan perfectos se se xuntan coas súas expresións.



En canto á súa personalidade, nun principio era a máis incómoda das rapazas, sen saber moi ben como actuar coas demais. Porén, co tempo converteuse nunha irmá maior para todas elas, sobretodo para as membros da súa subunidade.

O seu animal representativo é o cisne, a súa cor é o granate e a súa froita é a mazá.


Aquí podemos vela rodeada de mazás simbolizando o relato bíblico en "New"


O seu photoshoot caracterízase por vestidos brancos cheos de plumas, coma se fose un cisne. Ademais está relacionado co "Lago dos cisnes", unha coreografía de ballet altamente coñecida, isto fai referenza ás súas habilidades no baile.


CHUU



Kim Jiwoo, cuxo nome artístico e Chuu, naceu o 20 de outubro do 1999 (20 anos actualmente) e debutou como a décima membro co seu solo "Heart Attack" o 28 de decembro de 2017.

Jiwoo é a rapaza máis adorable do mundo e ninguén pode negalo. É unha persoa alegre, extrovertida e encantadora. Chuu é a vocalista principal no grupo grazas á súa potente e doce voz capaz de alcanzar notas incríbles, como podemos ver en Hi High. Ademais, o seu solo é o máis famoso de todos, sobretodo entre o colectivo LGBTIQ+; de feito, no desfile do orgullo en Seoul foi unha das cancións que máis soaron.

O seu animal é o pingüín, a súa cor é o rosa melocotón e a súa froita é a fresa.

 
É moi típico que orbit regale peluches de pingüíns durante os fansigns (firmas de autografos nas que os fans poden interactuar cos seus ídolos).
No seu MV pódense ver varias tomas nas que aparecen fresas, de feito no momento en que Yves "recoñece" a Chuu, esta última acepta comela.
  GO WON




Go Won, quen ten como nome real Park Chaewon, foi a undécima rapaza revelada. Naceu o 19 de novembro do ano 2000 (19 anos actualmente) e debutou o 30 de xaneiro de 2018 con One&Only.

Go won é unha auténtica princesa, ten unha elegancia natural e un aspecto misterioso que a converte nunha das mellores modelos en LOONA. De feito a súa actitude e xestos tamén parecen sacados de alguén pertencente á realeza. Porén, o seu talento non remata aquí, Chaewon conta cunha das voces máis peculiares do grupo, a cal é extremadamente aguda, capaz de chegar a notas bastante imposibles e crear un tipo de rap que o fandom adora.

O seu animal é a mariposa, a súa cor e o verde Edén e a súa froita é a piña.






No seu MV podemos apreciar ao seu animal distintivo,coma na maioría dos solos.












No MV tamén existe unha escena moi curiosa na que Chaewon come piña e o seu cabelo cambia de cor, dende o negro ao rubio. 
Dato curioso: Go Won tivo que decolorar o seu cabelo de negro a loiro, logo tinguilo de negro outra vez e volver a decolorar de novo. Todo isto para grabar distintas escenas do vídeo.











 OLIVIA HYE 



Son Hyejoo, co nome artístico de Olivia Hye, ten 18 anos e naceu o 13 de novembro do 2001. Debutou como a duodécima e última membro de LOONA co seu incríble solo "Egoist" o 30 de marzo de 2018.

Hyejoo, aínda que polas súas apariencias semella unha muller forte e poderosa (que o é), tamén é moi doce e adorable, sobretodo cos seus fans (e Go Won).







Olivia é moi coñecida pola súa presencia en escena e as súas excelentes habilidades para o baile, mais iso non significa que a súa voz non sexa fermosa tamén.

O seu animal é o lobo, a súa cor o gris e a súa froita a ciruela.

 







Nalgúns instantes, a silueta e imaxe dun lobo pode percibirse ao longo do MV.












En canto á súa froita (ciruela), tamén aparece relacionada coa imaxe anterior, cando Olivia a morde.






Finalmente rematáronse as presentacións. Agora que xa coñecemos ás membros de LOONA, as protagonistas arredor das que xira esta historia e as nosas compañeiras neste viaxe, podemos comezar a entender e desentrañar os misterios do LOONAVERSE.

sábado, 4 de enero de 2020

yyxy

Estamos achegándonos ao final das presentacións. Hoxe introduciremos a terceira e, actualmente, última das subunidades: yyxy


Yves, Chuu, Go Won e Olivia debutaron como subunidade o 30 de maio de 2018 co seu mini álbum "beauty&thebeat". Este, a diferencia do resto de agrupacións non tivo ningún repackage. 


O seu concepto xeral, como vemos no MV da súa canción principal e apreciamos nas melodías do seu álbum, parecería similar ao de LOONA 1/3. Porén, neste caso estamos ante unha presentación moito máis adorable e etérea, sen caer na elegancia de, por exemplo, "Sonatine".


En "love4eva" nárrase outra forma de comprender e apreciar o sentimento do amor. Explícase como o verdadeiramente importante é vivir a experiencia e acoller esas fermosas sensacións en vez de preocuparse por ser correspondido. Ademais, os solos de Yves, Go won e Olivia cerran o círculo das diferentes etapas ou situacións amorosas. Mentres LOONA 1/3 e OEC mostraban o amor inocente e o amor pasional respectivamente. Estas tres rapazas e os seus singles cantan ao desamor e á consecuente evolución cara o amor propio, como expliquei na entrada acerca da relación de LOONA co feminismo. Declaran polo tanto a importancia de primeiro enamorarse de si mesmas para poder amar aos demais.

Antes de falar sobre o seu rol no LOONAVERSE, farei un pequeno inciso acerca da beleza do video da súa canción debut. Este foi rodado no palacio de Szabadkígyós, unha pequena vila situada en Bekés, na rexión de Southern Great Plain en Hungría. Este enorme castelo presenta tamén grandes xardíns labirínticos ademais de cuantiosas habitacións.
Esta fermosa obra da arquitectura representa o Edén, a dimensión na que habitan estas rapazas. Edén tamén é o nome do paraíso segundo a Biblia, paraíso no que habitaron Adán e Eva antes de cometer o pecado universal. Como veremos máis adiante, a historia destas rapazas no LOONAVERSE será similar ao relato bíblico. Ademais, cada unha delas presenta unha froita



Aquí podemos ver a Olivia situada no castelo durante o inicio do MV. De feito, durante a canción as rapazas percorren os seus corredores e xardíns.

Finalmente falarei dun dos seus aspectos máis chamativos, como é o seu nome. yyxy ten un dobre significado. Por unha parte son as siglas de "Youth Youth By Young", neste caso facendo referencia as experiencias da xuventude que completan o ego: namorarse, a dor do desencanto e a recuperación para seguir adiante. Por outra, o seu nome trátase dun novo cromosoma neantrópico. Un cromosoma é unha estructura altamente organizada formada por ADN e proteínas, que contén gran parte da información xenética dun ser vivo. Este é diferente a XX ou XY e trátase xustamente de yyxy.