domingo, 24 de noviembre de 2019

COÑECENDO ÁS PRIMEIRAS MEMBROS


En LOONA 1/3 + Yeojin, o elemento distintivo, que só as membros consideradas desta subunidade teñen, é un país ou lugar representativo. Estes coinciden ademais coa localización na que se filmou o MV dos seus solos.

HEEJIN

  


Jeon Heejin foi a primeira membro en debutar co single que leva o seu nome e o seu solo ViViD o 26 de setembro do 2016. Naceu o 19 de octobre do 2000 (19 anos) e coñécese como o inicio do LOONAVERSE.

Heejin caracterízase por ser o que se coñece como unha "all-rounder". Isto significa que destaca en todas as competencias básicas dunha idol. Pode cantar, bailar e incluso rapear con gran habilidade, ademais de ter un gran carisma e presencia en escena. A pesar disto ten unha personalidade moi humilde e alegre, sempre sorrindo e facendo rir ás demais.

O seu país representativo é Francia, o seu animal é o coello e a súa cor é "hot pink"; que podería traducirse por un rosa vibrante e forte.



Nesta imaxe do seu debut apréciase esa cor característica no seu nome, isto tamén ocorrerá coas súas compañeiras.


No inicio de ViViD aparece xustamente un coello branco, que a representa.

 
HYUNJIN




Kim Hyunjin debutou a segunda co seu single e a súa cancion Around you no 17 de novembro do 2016. Naceu no 15 de novembro do 2000 (19 anos).

A súa personalidade é bastante complicada de describir. Aínda que a súa apariencia sexa outra, Hyunjin é increíblemente infantil. Gústalle molestar ás súas compañeiras e facerlles bromas todo o tempo, sobre todo a Heejin. Ademais ten comportamentos moi aleatorios e divertidos nos momentos menos esperados. Porén, é unha das que máis valora as súas membros.

O seu país é Xapón, a súa cor é o amarelo e o seu animal é o gato.


No inicio do seu solo, ao igual que no caso de Heejin, aparecen numerosas imaxes de gatos. En xeral, todo o MV xira en torno a eles.


HASEUL 






Jo Haseul, terceira membro e actual líder do grupo, debutou o  15 de decembro de 2016 con Let Me In. A súa data de nacemento é o 18 de agosto do 1997 (22 anos). 

Haseul, como líder que é, ten un carácter maternal e tende a protexer e coidar moito das súas compañeiras. Ademais tamén é unha das máis divertidas e faladoras do grupo. Entre os seus talentos está a súa impresionante voz e a súa capacidade para cantar ópera (cousa que demostrou en concertos e programas), ademais de saber tocar a guitarra e o piano.

O seu lugar represetativo é Islandia, de feito o seu MV é un dos máis fermosos polos seus paisaxes, igual de elegantes que a súa canción. 



A súa cor é o verde e o seu animal é un paxaro branco.



YEOJIN 





Im Yeojin, a cuarta rapaza revelada e a máis pequena de todas. Debutou o 16 de xaneiro do 2017 con Kiss Later. Naceu o 11 de novembro de 2002 (17 anos actualmente).

Yeojin é unha persoa extremadamente enérxica, faladora e alegre. Ao ser a menor do grupo, as demais trátana coma unha irmá pequena e sempre están a bromear con ela. A pesar da súa corta idade, ten unha voz bastante grave ao rapear ou cantar. Para o fandom, Yeojin é unha das mellores raperas pola característica voz "rebelde" que usa.

Ao non pertencer a esta subunidade, non ten un lugar representativo, pero como as demais, si ten unha cor (laranxa) e un animal (ra).



No seu solo, o seu pretendiente aparece representado como unha ra, seguindo o conto da princesa e o sapo.


ViVi 




ViVi foi a quinta membro en ser debutada o 17 de abril de 2017 coa súa canción Everyday I Love You. Naceu o 9 de novembro de 1996 (22 anos actualmente), o que a converte na máis maior das rapazas.

ViVi é a única membro extranxeira, provindo de Hong Kong. Así, o seu nome de nacemento é Wong Ka Hei (escrito en cantonés como 黃珈熙), pero tamén conta con outro inglés que utilizou nos seus días de modelaxe: Viian; do que derivou ViVi.

Viian tamén destaca por unha fermosa presencia en escena. Porén, é unha das máis tímidas, xa que aínda non ten confianza no seu coreano. Aínda así, compórtase como unha figura de autoridade coas demais cando ten que facelo, sobre todo no dormitorio que comparte co resto de LOONA.

O seu lugar representativo, curiosamente, é o seu fogar: Hong Kong. A súa cor é o rosa pálido (light pink) e o seu animal é o cervo. 



Aínda que non é tan obvio como no resto, ahí atopamos a figura dun ciervo. Como xa vimos anteriormente, a presenza dos animais é algo crucial que non se debe pasar por alto. Ademais, outro dato é que este é o primeiro solo que conta coa presenza doutros membros.



Con isto rematamos a presentación das cinco primeiras integrantes de LOONA. Agora continuaremos falando das outras dúas subunidades. 



miércoles, 6 de noviembre de 2019

LOONA 1/3 + YEOJIN

Foi a primeira das tres en debutar o 12 de marzo de 2017 coa súa canción Love&Live. LOONA 1/3 está formada oficialmente polas membros Heejin, Hyunjin, Haseul e ViVi. No caso de Yeojin, quen é unha das integrantes máis descoñecidas do LOONAVERSE, está considerada dentro desta división e polo tanto dentro tamén da súa dimensión, como se descobre grazas a súa presenza en certos MV (vídeos musicais). Sen embargo oficialmente non aparece no album nen nas actividades desta subunidade.



 
Nestas imaxes sacadas do MV "Love Cherry Motion", solo de Choerry ao que teremos que recurrir de novo proximamente, pódese ver a Yeojin interactuar con Haseul e Heejin en numerosas ocasións. Con isto pódese deducir que se atopa na súa dimensión.


O seu nome fai referencia ao número de integrantes, que sería un terzo do total. Sen embargo, coma sempre, en LOONA nada é nunca tan sinxelo. Os xiros e os reordenamentos son elementos moi comúns neste universo, polo que todo ten sempre un doble sentido.

Desta maneira, se se coloca o número 1/3 ao revés obtense 3/1. Partindo desta interpretación, o tres simboliza ás tres primeiras membros en ser reveladas (Heejin, Hyunjin e Haseul). O "/" representa a Yeojin, quen actuaría como un oco ou vacío. Finalmente, o número un é ViVi, quen foi a última en ser revelada para este subgrupo.

LOONA 1/3 caracterízase por ter un concepto suave e feminino. A súa música encaixa dentro dun estilo alegre e xuvenil que se aprecia perfectamente en todo o seu primeiro album: "Love&Live". O tema principal deste é: o primeiro amor. Exponse de maneira positiva, centrándose na inocencia e emoción que se vive durante a primeira experiencia amorosa. Todo isto ambientado nun lugar realista e semellante á Terra, concretamente este MV situase nun instituto.

A historia interna desta subunidade resúmese na amistade destas cinco rapazas. Heejin e Hyunjin coñécense no instituto, xa que van á mesma clase; Haseul é unha atenta e cariñosa amiga que actúa coma unha irmá con Yeojin. A parte máis fantástica a encontramos en ViVi, quen xoga o papel dun androide que ten problemas para expresarse. Curiosamente, todos estes feitos están inspirados en aspectos reales da vida destas rapazas. Por exemplo, ViVi, ao ser de Hong Kong, realmente tivo problemas para comunicarse nun inicio, ao igual que o seu alter ego no LOONAVERSE.


 

O seu segundo proxecto foi un repackage, é dicir, unha reedición do seu álbum anterior que incluia novas canciones. O seu nome é "Love&Evil" e supuxo un cambio bastante notorio no concepto. A súa canción principal "Sonatine" permitiu ás rapazas mostrar un lado moito máis elegante e maduro. De feito, a canción ten un son semellante á musica clásica, e non só esta, a propia intro tamén.




Se nos fixamos nos títulos de ambos os dous álbumes, resultan ser moi semellantes. "Love&Live" contén palabras positivas e agradables (amor e vida) que coinciden co carácter das cancións. Por outra parte, se reorganizamos as letras da palabra "live" podemos obter "evil", que curiosamente coincide co título do repackage. "Evil" significa "mal", obviamente esta palabra ten un carácter negativo que tamén coincidirá coa temática do álbum, xa que ademais de cambiar o concepto, tamén cambia a perspectiva do tema do amor. En "Love&Evil" trátase a dor e desilusión do primeiro desamor, isto explica esa madurez nas rapazas debido a unha rotura da inocencia.


 
"Que podo facer con este sentimento?". Nesta frase da canción "Love&Live" apréciase esa inocencia e confusión.



"Cando estou durmindo soa e desperto de sócato sentíndome triste". Neste exemplo pódese ver a desilusión e melancolía.